Curioso Impertinente


Tiro-liro

Posted in io~NOS,Música,Pensamentos,Radio,Tradición,Vídeos by miriño on the Maio 19th, 2016

Levaba moito tempo con esta idea de versións, de rebuscar un pouquiño, de saber de onde veñen certas músicas. Neste caso é unha anécdota, unha curiosidade. Sempre pensei en facelo nun programa do io~NoS, pero aquí vai aproveitando a inmensidade do youtube.

Lembrades a Radio Topolino Orquesta?

Foi un grupo de moda nos anos oitenta. Tiña cancións de éxito como La vaca lechera, Mi casita de papel, e tamén a que imos escoitar: Tiro liro.

Na propia canción xa se di: Era el baile de moda en los cuarenta y ahora en los ochenta enrolla mucho más. E non é nada máis que a verdade. Trátase dunha versión dunha canción que popularizou a mesma Amália Rodrigues, a partir dunha canción tradicional portuguesa.

Nos anos corenta, como di a Radio Topolino Orquesta, a Orquesta Gran Casino populariza o tema en España, aínda que a cantaban en portugués (cun sotaque un pouco raro, iso si)

Como versión dun tema portugués o gravou o grupo Os Carunchos:

A versión máis recente en Galiza é do grupo Migallas.

Pero escoitemos unha versión dun grupo folclórico portugués:

E podedes buscar máis, hai versións de todo tipo:

A min, que a primeira versión que lembro é a de Radio Topolino Orquesta, non deixa de sorprenderme os camiños que poden tomar algunhas cancións, neste caso de orixe tradicional, e como se van adaptando e modificando. Para que despois veña alguén a dicir que o tradicional non cambia, non evolúe, é estático e “ten que” interpretarse dunha determinada maneira.

_______________________________________________

A miña curiosidade agora é: Chegaches a escoitar todas as versións do Tiro Liro?

Comentarios desactivados en Tiro-liro

Radio Piratona

Posted in Música,Radio by miriño on the Outubro 15th, 2015

Comentarios desactivados en Radio Piratona

Metrópoles Delirantes: A banda deseñada na radio

Posted in Banda deseñada,Podcast,Radio by miriño on the Febreiro 3rd, 2014

Seremos seguidores do podcast Metrópoles Delirantes. Aí vai o primeiro:

Comentarios desactivados en Metrópoles Delirantes: A banda deseñada na radio

io~NoS en Radio Oceánica

Posted in io~NOS,Podcast,Radio by miriño on the Xullo 2nd, 2012

No programa Radio Oceánica de Radio Galega Música entrevístanme a propósito de io~NoS.

Comentarios desactivados en io~NoS en Radio Oceánica

Hildegart

Posted in Pensamentos,Podcast,Radio by miriño on the Decembro 28th, 2011

Unha das cousas que máis me chamaron a atención, e houbo unha boa colleita, da tempada que pasei en Ferrol e Narón foi a historia de Hildegart.

Coincidimos de casualidade en Narón un curmán e unha amiga. O meu curmán, ao que lle gustan as historias, e tamén a historia, contounos a vida de Hildegart Rodríguez Carballeira guiada polo camiño que lle marcou a nai Aurora Rodríguez Carballeira.

Aurora naceu nunha familia acomodada de Ferrol na rúa Madalena. Decide ter unha filla para criala ela mesma nos pensamentos e ideais anarquistas e feministas para crear a muller do futuro, seguindo a súa teoría euxenésica. Busca ao home ideal, un sacerdote, para tal fin e concibe a unha nena, Hildegart, que xa escribía aos tres anos e falaba seis idiomas aos oito. Con 17 anos xa ten a carreira de dereito e ingresou no Partido Socialista e, cando a expulsaron, no Partido Federal, dende onde criticou abertamente as posicións e actitudes do Partido Socialista na II República. Escribiu libros e foi coñecida internacionalmente polas súas ideas progresistas. Cando H. G. Wells visitou España quixo que Hildegart o acompañara como secretaria persoal.

Parece que todo indicaba que Aurora conseguira facer de Hildegart unha muller con capacidade para pensar e mudar a situacións das mulleres, comeza a pensar que non conseguiu o que quería cando se entera que o pai en realidade era un embaucador. Isto faina pensar que o todo o proceso de “creación” está contaminado dende o principio. Cando Hildegart quere separarse da súa nai para vivir a súa liberdade, Aurora mata a súa filla de catro disparos.

Unha historia ben impresionante.

Para completar a historia, antes de ter a Hildegart, coidou do seu sobriño, o pianista Pepito Arriola. Aurora tocaba o piano e sentaba ao seu sobriño no seu colo que acabou por aprender a tocar tamén o piano. Con tres anos xa compuxera unha habanera, de título Aurora. A nai, Josefa Rodríguez Carballeira, lévase entón ano neno cando se entera do prodixio. Pepito Arriola acaba sendo un gran músico que toca por todo o mundo, diante de todas as monarquías europeas e coñecendo a todos os músicos importantes da época. O Mozart galego. Cando volve a España é repudiado por haber tocado diante de Hitler e Goebbels, pois eran dos seus maiores admiradores que acudían a todos os seus concertos.

A historia do meu curmán terminaba dicindo que despois da morte de Hildegart e cando comezou a guerra civil, Aurora desaparecera e nunca se volvera saber dela. Na realidade, Aurora acabou a última parte da súa vida no manicomio de Ciempozuelos.

Existe unha película de Fernando Fernán Gómez que relata esta historia, Mi hija Hildegart, que está baseada no libro “Aurora de sangre”.

Aquí se pode ler o artigo que escribiu Hildegart falando da súa militancia no Partido Socialista, criticando o afastamento ideolóxico dos pensamentos que a levaran a entrar. (Moi actual, añado eu).

Por casualidade, outra máis, no programa Documentos de RNE tamén se falou desta historia, que deixo aquí para que a escoitedes.

Só me falta conseguir unha gravación da habanera Aurora e pola aquí para que se escoite (se alguén quere axudarme…)

Actualización do 11-2-2012:

Non conseguín unha gravación da habanera Aurora, pero si se pode ver a partitura no libro Arriola. Obra musical que se pode descargar da páxina do Consello da Cultura Galega.

Deste pdf traio a partitura de Aurora. Habanera para piano “por el niño de tres años Pepín Rodríguez Arriola”. A edición da partitura é de Joám Trillo.

Aquí pode verse e escoitarse, aínda que a interpretación que faría un pianista daríalle moito máis gusto á peza. De todas as maneiras serve para facerse unha idea de como sona esta Habanera.

Na procura dunha radio on line

Posted in io~NOS,Música,Pensamentos,Podcast,Radio by miriño on the Decembro 19th, 2011

Moi pouco tempo despois de darse a coñecer a proposta da radio on line anfiteatroGZradio, anúnciase que desaparece.

Tal vez foi unha iniciativa que non se pensou ben, tal vez o promotor da idea se veu desbordado polo repercusión mediática… o caso é que non sei se chegaría sequera a un mes de vida.

No caso do que vos fala(escribe) a desilusión foi a primeira idea que apareceu (a idea de que io~NoS o escoitase máis xente era moi atractiva), mais despois comecei a pensar e procurar outras alternativas que xa poideran existir.

Este é o resultado da miña pesquisa.

Radios on line que se poden escoitar on line:

RadiofusionRadiofusión en directo

Radio CovatonaEscoitar Radio Covatona

Radio FilispiMEscoitar Radio Filispim

Cuac FMCuac FM en directo

(Verei como se poden ir introducindo os reproductores para escoitar estas radios dende aquí mesmo)

Tamén se pode ir na procura de podcasts para escoitar aqueles programas que máis nos interesen.

Dende musiqueoh! tense acceso a moitos lugares que falan de música galega. Tamén recolle podcast de música galega que podemos aproveitar para engadir os reproductores.

Os podcasts musicais de podgalego.org

Na web de podgalego non só existen podcasts musicais, se non que hai moitos outros. Pódese procurar nos podcasts que máis lle interesen a un para facer unha radio ao gusto de cada un.

podgalego

Podcasts musicais da Radio Galega Música

A última en chegar, radiochuza, comezou a emitir música en galego (en calquera das súas variantes). Estaremos moi atentos ao que vai sucedendo con ela:

Comentarios desactivados en Na procura dunha radio on line