Curioso Impertinente


Tiro-liro

Posted in io~NOS,Música,Pensamentos,Radio,Tradición,Vídeos by miriño on the Maio 19th, 2016

Levaba moito tempo con esta idea de versións, de rebuscar un pouquiño, de saber de onde veñen certas músicas. Neste caso é unha anécdota, unha curiosidade. Sempre pensei en facelo nun programa do io~NoS, pero aquí vai aproveitando a inmensidade do youtube.

Lembrades a Radio Topolino Orquesta?

Foi un grupo de moda nos anos oitenta. Tiña cancións de éxito como La vaca lechera, Mi casita de papel, e tamén a que imos escoitar: Tiro liro.

Na propia canción xa se di: Era el baile de moda en los cuarenta y ahora en los ochenta enrolla mucho más. E non é nada máis que a verdade. Trátase dunha versión dunha canción que popularizou a mesma Amália Rodrigues, a partir dunha canción tradicional portuguesa.

Nos anos corenta, como di a Radio Topolino Orquesta, a Orquesta Gran Casino populariza o tema en España, aínda que a cantaban en portugués (cun sotaque un pouco raro, iso si)

Como versión dun tema portugués o gravou o grupo Os Carunchos:

A versión máis recente en Galiza é do grupo Migallas.

Pero escoitemos unha versión dun grupo folclórico portugués:

E podedes buscar máis, hai versións de todo tipo:

A min, que a primeira versión que lembro é a de Radio Topolino Orquesta, non deixa de sorprenderme os camiños que poden tomar algunhas cancións, neste caso de orixe tradicional, e como se van adaptando e modificando. Para que despois veña alguén a dicir que o tradicional non cambia, non evolúe, é estático e “ten que” interpretarse dunha determinada maneira.

_______________________________________________

A miña curiosidade agora é: Chegaches a escoitar todas as versións do Tiro Liro?

Comentarios desactivados en Tiro-liro

Escoitas

Posted in io~NOS,Podcast by miriño on the Agosto 25th, 2014

Esperando a ver se é posible recuperar o podcast de io~NoS ou abandonalo definitivamente, acabo de por dous reproductores: Metrópoles Delirantes, podcast en galego sobre a banda deseñada e a radio 24h de Mundofonías, podcast moi activo sobre as músicas do mundo.

A escoitar!

Comentarios desactivados en Escoitas

io~NoS en Radio Oceánica

Posted in io~NOS,Podcast,Radio by miriño on the Xullo 2nd, 2012

No programa Radio Oceánica de Radio Galega Música entrevístanme a propósito de io~NoS.

Comentarios desactivados en io~NoS en Radio Oceánica

Na procura dunha radio on line

Posted in io~NOS,Música,Pensamentos,Podcast,Radio by miriño on the Decembro 19th, 2011

Moi pouco tempo despois de darse a coñecer a proposta da radio on line anfiteatroGZradio, anúnciase que desaparece.

Tal vez foi unha iniciativa que non se pensou ben, tal vez o promotor da idea se veu desbordado polo repercusión mediática… o caso é que non sei se chegaría sequera a un mes de vida.

No caso do que vos fala(escribe) a desilusión foi a primeira idea que apareceu (a idea de que io~NoS o escoitase máis xente era moi atractiva), mais despois comecei a pensar e procurar outras alternativas que xa poideran existir.

Este é o resultado da miña pesquisa.

Radios on line que se poden escoitar on line:

RadiofusionRadiofusión en directo

Radio CovatonaEscoitar Radio Covatona

Radio FilispiMEscoitar Radio Filispim

Cuac FMCuac FM en directo

(Verei como se poden ir introducindo os reproductores para escoitar estas radios dende aquí mesmo)

Tamén se pode ir na procura de podcasts para escoitar aqueles programas que máis nos interesen.

Dende musiqueoh! tense acceso a moitos lugares que falan de música galega. Tamén recolle podcast de música galega que podemos aproveitar para engadir os reproductores.

Os podcasts musicais de podgalego.org

Na web de podgalego non só existen podcasts musicais, se non que hai moitos outros. Pódese procurar nos podcasts que máis lle interesen a un para facer unha radio ao gusto de cada un.

podgalego

Podcasts musicais da Radio Galega Música

A última en chegar, radiochuza, comezou a emitir música en galego (en calquera das súas variantes). Estaremos moi atentos ao que vai sucedendo con ela:

Comentarios desactivados en Na procura dunha radio on line

anfiteatroGZradio

Posted in io~NOS,Música,Podcast by miriño on the Decembro 7th, 2011

Acabo de poñer o reproductor da radio on line anfiteatroGZradio no lado esquerdo do blog. Trátase dunha radio que pretende ter contidos en galego o 100% do tempo. Un dos programas que se van emitir é io~NoS, todos os martes entre as 16:00h e as 17:00h.

Para consolidar o dominio necesitan ter unha audiencia de 130h diarias, polo que dalle ao play todo o tempo que poidas. 🙂

___________________________________

Probando… un, dous…

Posted in io~NOS,Música,Podcast by miriño on the Xullo 31st, 2011
Comentarios desactivados en Probando… un, dous…

io~NoS

Posted in io~NOS,Música,Podcast by miriño on the Xullo 13th, 2011

Escoitar e/ou descargar os programas do podcast io~NoS

Comentarios desactivados en io~NoS

io~NOS: Sintonía

Posted in io~NOS,Podcast by miriño on the Febreiro 1st, 2010

A creación vai moi lenta, pouco a pouco.

A sintonía: A primeira voz será o esquelete do resto da melodía. Unha liña simple, que se repite todo o tempo. Unha segunda voz que complementa á primeira. Unha vez que comeza xa non deixa de repetirse. E unha terceira que flota por riba das outra dúas.

Escríbese nun editor de partituras. Convértese a midi para utilizala nun editor de son e panoramízase.

Máis tarde añándenselle efectos.

Fai falta unha imaxe e comezar a gravar.

Para ver e escoitar a partitura necesítase un plugin para o explorador do scorch de Sibelius.

Comentarios desactivados en io~NOS: Sintonía